v2.7.0

Mosaico 2025

3 lecturas

04/09/25 a 27/11/25

La mestra i la Bèstia
O derradeiro libro de Emma Olsen
 Bilbao-New York-Bilbao
O derradeiro libro de Emma Olsen

Del 02/10/25 hasta el 29/10/25 leemos

O derradeiro libro de Emma Olsen

Berta Dávila

Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca, mais que garda, soterrado, un universo de mentiras e conflitos entre os seus poucos e singulares habitantes.

▪ Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de Novela, 2008), á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés. Recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol en 2013 por O derradeiro libro de Emma Olsen, obra que obtivo o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014. Premio Guillermo de Baskerville que organiza o blog Libros Prohibidos, 2015.

▪ A dinamización da lectura será realizada por Antía Yáñez, docente, escritora e coordinadora de clubs de lectura da súa Galicia natal. Leva desde 2018 guiando a diferentes grupos de lectores e lectoras e aprendendo de todas as visións que un mesmo libro pode suscitar.